InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIO(Vídeo) Así se ve a evolución da cidade da Coruña desde hai...

(Vídeo) Así se ve a evolución da cidade da Coruña desde hai 300.000 anos a hoxe

Publicada o

Por Águeda Cernadas

Estamos acostumados a recrear a historia das cidades mediante fotografías antigas e a nosa imaxinación, pero co auxe das tecnoloxías, xa é posible ir máis alá e recrear escenarios do pasado dunha maneira máis realista e visual. Un exemplo disto é a ‘Estación Visual A Coruña‘, un proxecto de reconstrución virtual da historia do territorio da cidade dende hai 350.000 anos.

‘Estación Visual A Coruña’ é un proxecto erguido grazas a un crowdfunding levado a cabo o pasado ano. O traballo contou e conta, ademais da súa documentación, cun esencial asesoramento especializado nas diversas áreas que abrangue, principalmente Arqueoloxía, Xeología e Historia.

Ademais da recreación virtual, a recolecta de cartos tamén axudou a acabar de crear o libro ‘A Coruña Eterna. Historia Visual I’, que contou con participación e prólogo do Profesor emérito Juan Ramón Vidal Romaní, no campo da Xeoloxía, e tamén con prólogo do arqueólogo Xosé María Bello Diéguez. O libro foi presentado o pasado mes de febreiro polo Reitor da UDC Julio Abalde Alonso e xa case esgotou a súa primeira edición.

 

O traballo, realizado por un equipo veterano en proxectos creativos e culturais, buscou crear unha representación o máis plausible e rigorosa posible pero que puidese ser accesible para todos os públicos.

O resultado deste traballo abre un amplo ábano de aplicacións. Estas poden servir para o ámbito educativo, o cultural, o científico ou o turístico. Tamén tería efectos na imaxe de marca da cidade, que ten a Torre de Hércules e a súa historia como un dos símbolos principais. “A Torre marca un dos eixos narrativos máis importantes da iniciativa, como non podería ser doutro xeito, e fai que o proxecto teña aínda máis atractivo”, afirma o portavoz do equipo.

ÚLTIMAS

A Coruña homenaxea a Luísa Villalta, “activista polo idioma” e muller “comprometida”

Autoridades e familiares de Luísa Villalta reivindicaron a obra e a figura da escritora...

Coruña homenaxea a Luísa Villalta, a poeta da ‘Cidade Alta’

Galicia celebra un ano máis a festa da súa lingua e das súas letras. A...

Maxia e humor

Teño un problemiña cos magos e os humoristas. Dende a máis tenra infancia. Póñome...

Presentan un informe para solicitar a eliminación de 373 símbolos franquistas na cidade da Coruña

Continúa a sociedade herculina presionando para que o Concello cumpla a Lei de Memoria...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here